Instituto de la Mujer
Acceso a los servicios Compartir

Acceso aos servizos

A Biblioteca de Mulleres permite a consulta de exemplares a través de petición por correo electrónico. Nela pódense solicitar como máximo 5 documentos por consulta e deben incorporarse os seguintes datos:

  • autor
  • título
  • signatura

As peticións que se reciban ao longo dunha semana, poderán ser consultadas na sala de lectura a partir do mércores da semana seguinte. Os documentos teranse a disposición de quen os pediu durante 10 días.

Correo electrónico

bibliotecademujeres@inmujer.es

Localización

C/ Condesa de Venadito, 34

28027 MADRID

Telf. 91 452 86 76/ 80/ 83

Fax. 91 452 87 85

Horario

De 9 a 14 h. de luns a venres

Consulta en liña dos fondos bibliográficos

O OPAC permite o acceso en liña aos catálogos bibliográficos da Biblioteca de Mulleres ou do Centro de Documentación do Instituto da Muller, e pódense facer buscas bibliográficas.

O modo habitual de efectuar buscas sobre os fondos bibliográficos é premendo na opción "Busca asistida" da primeira páxina, despois de seleccionar no despregable sobre que fondos se desexa facer a consulta. Unha vez na opción "Busca xeral", o botón Axuda informa sobre "Metodoloxía de buscas" e "Como buscar". Antes de buscar polo campo "Materia" convén consultar os descritores do Tesouro Muller, para o que se abrirá o ficheiro "Descritores de materia".

Acceso a la base de datos Abrirase nunha nova fiestra

W3C. Abrirase nunha fiestra nova