Instituto de la Mujer
Biblioteca de Mujeres Compartir

Información xeral

A Biblioteca de Mulleres é unha biblioteca especializada creada en 1985 por Marisa Mediavilla Herreros, feminista, bibliotecaria e documentalista, proxecto ao que logo se incorporou Lola Robles Moreno, feminista, filóloga e escritora que permaneceu nela ao longo de case todo o traxecto, e moitas colaboradoras sen cuxo traballo a biblioteca non chegaría a ser o que é.

En 1991 constituíuse en asociación non lucrativa de ámbito estatal.

É membra da Rede de Bibliotecas e Centros de Documentación de Mulleres desde os seus inicios e foino da Asociación María Moliner.

Obxectivos

Ademais dos obxectivos propios de toda biblioteca, creouse para:

  • Reunir a cultura e o saber que as mulleres elaboramos ao longo da historia, especialmente a historia das mulleres en España.
  • Visibilizar e testemuñar a achega das mulleres á sociedade, esa historia nunca contada e mantida en silencio.
  • Ser un lugar de encontro e de intercambio de información e experiencias.
  • Reunir e conservar documentos elaborados polo movemento feminista.

Colección

O seu fondo consta duns 30.000 volumes e está composto por estudos e ensaios feministas, femininos e misóxinos (tanto de autoras como de autores), biografías, obras de creación artística e literaria, ademais de literatura gris, revistas e coleccións especiais como axendas, calendarios, carteis, folletos, selos, adhesivos, tarxetas, bandas deseñadas, chapas...

Contén algunha obra do S. XVIII, bastantes do S. XIX e tamén dos dous primeiros terzos do S. XX; a maioría están descatalogadas e foron adquiridas en librarías de vello, o Rastro, o Mercat de Sant Antoni e en feiras do libro antigo. Algúns destes documentos son imposibles de conseguir hoxe en día.

A doazón ao Instituto da Muller

En 2006, a Asociación Biblioteca de Mulleres, que se encargara durante máis de dúas décadas do impulso e a xestión deste fondo bibliográfico e documental, doou o seu fondo bibliográfico ao Instituto da Muller, que desde aquela se encarga de custodialos, amplialos e facelos dispoñibles para a consulta e a investigación.

Consulta dos fondos bibliográficos

Desde o 8 de outubro de 2010 pode consultarse a través da base de datos bibliográfica. Así mesmo, e para autoras españolas de creación literaria e obras anteriores a 1936 (aínda que non sexan de creación literaria), pode consultarse o catálogo da asociación Abrirase nunha nova fiestra , onde tamén se atopa o catálogo de revistas actualizado.

Servizos que ofrece a Biblioteca de Mulleres:

  • información bibliográfica
  • acceso en liña ao catálogo.
  • consulta en sala
  • acceso á internet
  • Servizo de fotocopias.

A Biblioteca de Mulleres é testemuño da loita das mulleres en España, pois creouse no momento de reivindicación do movemento feminista, e porque é o resultado da colaboración de moitas mulleres que pasaron por ela durante estes 25 anos, con milleiros de horas de traballo non remunerado.

Esta biblioteca é un patrimonio cultural das mulleres do que ata agora carecemos.

Acceso aos servizos

W3C. Abrirase nunha fiestra nova