Instituto de la Mujer
Calidad Compartir

Calidade

O Instituto da Muller, en sintonía co compromiso do Goberno de mellorar e modernizar a Administración, co fin de poñela á altura das necesidades das cidadás e cidadáns, está impulsando un proceso continuado de modernización que lle permita gañar en novos atributos en termos de mellora continua e xeración de valor para a cidadanía.

Neste contexto, e desde o convencemento de que a institución non debe permanecer ancorada nunha xestión de procedementos en soporte manual, abordou un proceso de modernización para a simplificación administrativa e a informatización dos seus procedementos de xestión das convocatorias públicas de axudas e subvencións, os cales teñen unha evidente orientación cara á cidadanía coa finalidade última de posibilitar o acceso electrónico para tales servizos.

Por outra parte, e de acordo coa importancia estratéxica que o Goberno lles concede á cultura de avaliación e á xestión de calidade, elaborouse unha carta de servizos do Centro de Documentación na que se informa sobre o servizo que presta, os dereitos que asisten as usuarias e os usuarios deste e sobre os compromisos de calidade na súa prestación.

Documentos

Carta de servicios del Centro de Documentación Arquivo pdf.  Abrirase nunha nova fiestra

Tríptico de la Carta de Servicios del Centro de Documentación Arquivo pdf.  Abrirase nunha nova fiestra

Carta de servicios del Servicio de Información Telefónica Arquivo pdf.  Abrirase nunha nova fiestra

Tríptico de la Carta de Servicios del Servicio de Información Telefónica Arquivo pdf.  Abrirase nunha nova fiestra

W3C. Abrirase nunha fiestra nova