Instituto de la Mujer
Cultura Compartir

Cultura

O ámbito da cultura e a creación é unha dimensión de gran relevancia para a consecución da equidade social. Tradicionalmente entendeuse por cultura un conxunto de actividades creativas humanas masculinas, que deixaban fóra as achegas das mulleres á sociedade. A cultura hoxe, grazas ao feminismo, xa non pode entenderse sen ter en conta as actividades femininas vinculadas coa creación, o mantemento e a recreación da vida e das relacións, así como as artísticas e as relacionadas co saber e coa ciencia, desenvolvidas no pasado e no presente. O rastro histórico das mulleres e das súas achegas fundamentais á historia xeral da humanidade foron manipuladas pola cultura androcéntrica e patriarcal. Sen mulleres e sen o que elas traen ao mundo non hai vida e non hai cultura.

As autoridades públicas teñen a obriga de velar por facer efectivo o principio de igualdade de trato e de oportunidades entre mulleres e homes, en todo o concernente á creación e produción artística e intelectual e á súa difusión, así como de promover a presenza equilibrada de mulleres e homes na oferta artística e cultural pública.

O Instituto da Muller aposta pola igualdade de toda a cidadanía no acceso aos bens culturais e polo establecemento de accións positivas que permitan sensibilizar a cidadanía, visibilizar as mulleres creadoras e corrixir as situacións de desigualdade na produción e creación artístico-cultural das mulleres.

W3C. Abrirase nunha fiestra nova